Friday, November 28, 2008

Abelix provii (V)

Ola de novo!!!


Dicía o Aussías (March, para os non amigos) que nunca trigo negro deu pan branco, e nunca burro vello foi bo andador (e manda carallo, porque eses eloxios eran para a súa amada. En fin... os medievais, xa se sabe...).

Hoxe o Abélix Provii é unha contradición aos poemas de Aussías, porque nunca pensei ter que dedicarlle un epígrafe a un grupo que, que conste, teño canonizado.

Resulta que estes días ando sen antena da radio no coche (algunha, que se esquece de quitarlla e despois pasa o que pasa) teño os cd´s aprendidos de memoria, e non poido senón lamentarme ao detectar estrofas coma:

Coma un paxaro sen aire
atravesando o camiño
vives no teu mundo alleo
e fuxes do teu destiño*


Trátase de Fusco, un tema do segundo disco de Berrogüetto

A ver, eu entendo que as rimas consoantes quedar, o que é quedar, quedan ben máis chulas que as asoantes, pero chegar a estas cousas... Non sei, paréceme pasarse un pouco, non? E iso sen meterse coa forma verbal empregada que, en fin...

Pouco despois hai outra que non aparece neste compendio por problemas léxicos ou gramaticais, senón semánticos:

Non me queres ver de lonxe
nin de preto tan sequera (sic)
pasas diante dos meus ollos
coma se eu non estivera


A ver... Igual é que eu son medio finolis para estas cousas, pero eu creo que non é cuestión de "finolisicidade" pararse a pensar que é un tanto absurdo queixarse de que unha persoa que non nos quere nin ver ao lonxe, nos queira ver de preto. Paréceme un chisco Contradictio in Terminis, non?

En fin... Conste que o meu respecto cara este grupo é inmenso, e que este par de lagoas non abafan nin moito menos a súa calidade, pero aínda así, e á espera dunha edición dedicada a Ávalon (esa terá que ser publicada en varias tandas, porque aí si que hai para dedicarlle tempo) éncheseme o corazón de mágoa ao ter que dicirvos coma sempre Bks 1000! e a eles...

Destino, non destiño

2 comments:

marykinha said...

mmmmm mentras lía a túa última entrada, na miña cabeza había unha soa palabra....

PREEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEENDA!

:P

Bicos

Ulmo de Arxila said...

100% conforme, e ainda haveria que discutir o uso de "estivera" nese verso... porque, pondo-nos en plan "galego fetén", teria de ser máis ben "estivese". Mais en fin, como ben dizes, nada comparável às "pelotadas" de "A-pelota"... simplesmente con ese "fuego" que meten en certa canzón que ben coñeces xa haveria material suficiente para denunciá-las e pór-lles un pleito del copón. Consulta-llo a Marta, que ao mellor hai caso... :-p
Saúdos desde a nevada Chaira!