Wednesday, February 01, 2006

Propósito de Emenda

Eu ben sei que levo isto moi atrasado, pero, e aínda que onde vai que pasou o aninovo, vou facer unha lista de propósitos de publicación. En primeiro lugar, está no forno unha nova serie que probablemente se ha chamar Diario dun profesor en prácticas e que por motivos técnicos é probable que se publique toda xunta, ou case. Ademais non esquezo a serie Abelix provii nin Os Talibáns da Ghaita que tamén teñen un capítulo en fase de investigación ou redacción e que, agardemos, axiña han ver a luz. Por último, sufridos lectores (poucos pero seguramente bos) e aínda que vai radicalmente en contra dos principios do autor e do blog que este mal que ben sustenta, vai aparecer en próximas datas (o de próximas é un termo relativo, xa se sabe...) un post en Castelán por ser esa a lingua (se entendemos o andaluz como castelán, que xa é moito entender) da sufrida (esta si que é sufrida, que o le aínda que case nunca entenda papa) lectora á que vai dedicada. Seguramente verse sobre o termo Cariño, polo que estamos consultando co amigo Alighieri (Dante, para os amigos) para que nos axude. Cibersaúde a elas e eles!!