Tuesday, December 18, 2007

An Ghz-Crea ghous tu...

Pois sí amiguiños, ben sexades corviños, koalas ou alcolitras. Xa sei que é físicamente imposible (e desta vez non é culpa de Ferroatlántica, que xa o era antes) pero hoxe a carón do koala oficial desta leira, sobe coma un tiro polo Xallas (ou Xallás, como di algunha, señor, que paciencia...) un salmón pintarado, que vén sendo estes que se ven a continuación:



E é que, como xa vén sendo costume (dende fai un ano, que pasa, pero menos costume eran as romarías de Fraga e máis ía todo Dios) na segunda semana de decembro tocounos ir recoller o preceptivo premio do Ulmo, que neste caso era o Gz-Crea 2007, así que alá nos internamos nas profundidades austrais da nosa terra para vivir, de novo, unha chea de aventuras.

Así de primeiras, un servidor, que era o choufér, deixouse guiar por unha señorita moi simpática que estaba metida nunha pantalliña (véxase GPS) e que tiña unha voz moi bonita, pero de ir a Cangas, nin p.i. (p.ola i.zquierda, quer dizer,hehe). Todo isto faime recordar todos aqueles momentos compartidos con este elemento (e máis algún outro, incluso dentro dos premiados no mesmo certame) e os recordos lévanme dende 5 personiñas bebendo café, vendo telenovelas (mi madre, que cousas tou contando) e falando das salpicaduras de Tim Burton ata a viaxes do tipo "Ancha es Castilla, pro no cabemos" no que, por certo, o GPS (desta vez marca da casa) que levabamos era ben máis efectivo, e que rematou reconciliándonos coa terriña a forza de chourizos de Damil.

Así foron quedando no camiño proxectos coma o da fabricación dun "Sacho-midi", a creación dun Centro de Rehabilitación para Diglósicos, obras de teatro ("Fin de Carreira" segue aí) e ata movementos reinvindicativos coma o LICRa ou o GhSF (este último aínda está operativo, se ben a nivel "grupúsculo de a un" e cando cheguemos á Provenza, xa miraremos a ver se seguimos).

Pois ben, por todos eses momentos vividos con el (incluída a posibilidade de coñecer a algunha que eu sei, e que me ten pinta de nos ir dar guerra por moito tempo, e que o outro día impediu que me suicidara durante unha das peores obras da miña vida porque non nos púñamos de acordo de para quen era a última bala) por todo iso, dicía, que menos que un post enorme coma este que me acaba de saír, e máis unha profunda "refleusión" feita Hip-folk como é esta (e que conste que é un fragmento de Polo Aire, de Quempallou):

Unha carballeira, unha urbanización.

Por cada montaña un parque eólico

en cada areal un porto deportivo

100 minicentrais para cada río!!

[...]

Quen che há devolver a vida?!

quen che há volver a esperanza?!

quen che há devolver a terra?!

quen che há devolver... a iauga?!