Monday, May 29, 2006

nudismo de parecidos

Como vexo que está de moda, decidín introducir o meu. Non fagades moito caso, que saquei un 26% no test de frikismo...

Un mes: maio, of course.
Un dia da semana: cuarta feira. A semana xa vai avanzada, pero aínda queda un mundo por diante.
Un momento do dia: A mañá.
Un planeta: marte, para pasar por aquí de vez en cando.
Un animal: Non pode ser menos: o koala.
Un móvel: moble bar queda moi de alcohólico? non, veña, unha mesa.
Unha bebida: albariño, of course.
Un instrumento musical: a gaita e / ou o clarinete.
Unha froita: a mazá, preferentemente verde de máis.
Unha canzón: Soidade de keympa, l.lume de quempallou e moitísmas máis.
Unha matéria: O baleiro (abstéñanse filósofos e outras xentes de mal vivir.
Unha parte do corpo: os ollos.
Un obxecto: unha herba.
Unha comida: si amigos, non o vou negar A ENSALADILLA.
Unha personaxe animada: eu son medio gato-can, que teño días que non se sabe quen vive en min...
Un número: o 2 e o 8
Un autocarro:un austin seven que teñen nun taller da Pereira. Precioso.
Unha cidade: O Porto.
Unha dor: de moas. Insoportable coma min.
Un mar: parafraseando: " o de Viveiro, tamén coñecido como Cantábrico" hehe. En serio, o Atlántico da costa da morte.
Un idioma: o meu.
Unha flor: a rosa, rosa.
Unha cor:azul
Un verbo:soñar...
Unha estazón do ano: Non quedamos en que aquí só había inverno, trens e autobuses?
Un livro: sona a coñazo, pero Sempre en Galiza.
Un país: (vídem idioma)
Un desporto: para ver, o futbol. para practicar, ciclismo e natación.
Un filme: Nobody´s land. Así teño un 26% de frikismo.
Unha marca: Xallas. Alguén ten un nome comercial mellor?
Unha série: Os Simpson, paixón de medievais, Filoloxia Galega
Unha web:todonada, aínda que estea en ruínas.
Un sabor: o picante do polbo.
Un signo do zodiaco:capricornio
Un perfume: vainilla.

Hala. Sonche ben friki, va que si...

Monday, May 22, 2006

H2O

Xa sei que fai tempo prometera unha morea de contidos para estas leiras que, como sigan tan abandonadas, aínda mas ha de meter no Banco de Terras o Suárez Canal, pero, e seguindo por un tema tan pouco relacionado con este bló como é a agricultura, a actualidade impón este tipo de contidos. Os outros, por se vos interesan, chegarán, tarde mal e arrastro, coma sempre, pero chegarán.
Ti que nos das a vida, que vés para que de ti poidamos gozar, que fas que esta pel verde que deixa ver veas azuis sexa distinta ás demais, que nos das a solás que enverdece o pan que comemos e mais regas (nalgúns casos, e por obra e graza de bodegueiros espabilados, en demasía) o viño co que podemos afogar penas, celebrar alegrías e algunha que outra cea de filoloxía, ti que, repito, nos dás a vida, por que nola quitas sen previo aviso, sen que a poidamos aproveitar.
Ti que eres do que está feito o mar e mais as súas croas douradas, fogueiras nocturnas cheas de peixe, por que deixas aos mariñeiros en terra, aguantando na mecha?
Ti que enverdeces o mundo e refrescas as praias que tamén ti fas bravas, que mollas as pedras de todas as zonas históricas das nosas vilas e cidades, por que apareces xusto cando máis "ghode-chinchos" agardan a gastar un peso (xa antes tirado do noso lombo) nas nosas tabernas e baiúcas?
Ti, en definitiva, que permites que este mundo siga sendo o noso, que naza a herba na primavera, os froitos no verán e máis no outono, que lavas o chan durante todo o inverno para que o seguinte ano todo volva a comezar coma se fora a primeira vez. Ti, auga, digo, POR QUE CARALLO TE POS A CHOVER CANDO ESTOU SEMENTANDO AS LEIRAS!!!!!????

Post promovido pola AVCMSA.
(Asociación de vítimas de que
chova en maio sen avisar).