Thursday, May 22, 2008

Se Veria volvese emerxer das augas...

Ola de novo!!!!

Antes de nada, dicir que xa sei que recibín o premio "Brillante weblog", pero a verdade é que, por cuestións de publicidade, dispoñibilidade das televisións e que o
"Star Sistem" galego está enredado co festival de Cans (non confundir co de Cannes, por favor!), teño que pospoñer a gala de entrega para outro momento, pero que se saiba que habela, o que é habela, vaina haber.

Non podía levar unha morea de tempo en "Montículo County" e non poñer algo de alí, así que despois dunha temporada "friki-agrícola", como di o Ulmo, cambio de lado do prisma desta miña personalidade múltiple para poñer o vídeo dun grupo de folk moi, moi, moi bo que hai aquí: Veria. Espero que Ulmo sexa responsable e serio e nos poña un comentario onde explique de onde vén o nome, que seguro que conta a lenda moito mellor que min, pero Veria vén sendo unha vila lendaria que quedou sulagada polas augas, e que conforma a Antártida local.

En canto á canción, pois é un romance de Ghaiteiro-sen-ghaita, coma tantas outras, máis esta versión acolle unha dozura que, sen dúbida, fai especial a versión. Ademais, con Saxo e Clarinete, coma nos anos duros de Airiños. Que tempos...

Velaquí:




E é que, como di o Ghullerme e matizo eu, "Se é que pouco máis ten unha que outra, porque o que conta é ter ghaita, carallo!"

Bks 1000!


P.S. Aínda que non me coñece (creo que si debeu oír falar de min) un saúdo e un bico para Tania, que non hai muller de Crisóstomo cunha voz máis bonita que a súa.

2 comments:

Ulmo de Arxila said...

Bon grupo estes de Veria, si señor. Xa lles tiña escuitado algunhas peciñas, e a portada do seu último traballo é chulísima.
Pois, atendendo à petizón do Subcomandante, contarei logo a lenda. Lenda na que meu pai, sen ir máis lonxe, ainda acredita firmemente (curioso, sendo el como é descrido e ateu, jeje). Veria non somente é o nome dese "povoado castrexo" que montaron perto de Sistallo e que ten tanto de castrexo como eu de magnate do petróleo. Véria era tamén outro nome de Val Verde, ou sexa, a cidade à que un dia chegou Xesus en figura de méndigo a pedir polas portas. Mais, como adoita acontecer nestes casos, o Primeiro Mundo era o Primeiro Mundo, e os d Véria fecharon-lle as portas nos fociños un trás outro. Asi a cousa até que Xesus chegou a un monte no que havia unha casoupa onde vivia unha señoriña vella coma os camiños e pobre coma as arañas. Adiviñades, non si? A velliña convidou a cear a Xesus con leite da única vaca que tiña e deixou-lle dormir no seu leito, tendo que dormir ela no chan. Solidariedade de clase, vamos. À mañá seguinte, cando a velliña se ergueu e asexou pola ventá, viu que no lugar onde antes estava Véria/Val Verde estendia-se unha imensa lagoa. O único que se salvara fora o curuto dun outeirolo (rebaptizado nos último tempos como "O Montículo"), que é onde hoxe se ergue a igrexa da Virxe do Monte e onde o Subcomandante ten a imensa honra de estar a lles impartir aulas aos meus paisanos. Das águas aquelas fica hoxe a lagoa de Cospeito, mais é unha lagoa mutilada, unha pequena parte do que noutrora tivo de ser. E a cidade sulagada... pois en fin, seica ainda hoxe se escuitan às vezes as campás da igrexa de Véria/Val Verde tocar a tronada, e, por suposto, tamén os galos, que se cantan na cidade de Antioquia (segundo entras na lagoa de Antela, à man direita), por que non han de cantar tamén no Mar da Chá?
Bon, unha lenda que o ten todo, en definitiva. Dava para unha película.
Un saudiño e benvido de novo aos eidos da cultura blogueira, Subcomandante Xallas (ou era Xallás....)

Ulmo de Arxila said...

A ver, hooooooooo, que Véria xa emerxeu das águas e xa volveu asulagar-se e nosoutros dous ainda sen actualizar!
"Sen tu", home, tira a primeira pedra! ;-)