Tuesday, February 12, 2008

Abelix provii (IV) Ou todo o contrario...

Ola a tod@s!!!!
Pois nada, que por aquí andaba eu a piques de publicar unha nova entrega desta xeira de post nos que poño á xente a caer dunha burra cando detecto algunha errata nas letras das cancións, pero desta vez vaime saír furada... Explícome:
O tema é que eu, coma case todos os que andamos sementando binomios de uns e ceros nestas leiras dixitais ás que chamamos blogomillo, recibín noticias da aparición na rede do que se deu en chamar a primeira canción Dance na nosa lingua. Por se algún (ha) de vós non se enterara, trátase de A festa non vai parar, de D.J. Son1co feat. Isis, e aquí vos deixo un enlace por se a queredes descargar de moca:

http://www.mediafire.com/?73mkbjmpszu

A cuestión é que isto de que o galego chegue ao mundo da música-empacadora (para os non membros do Centro de Altos Estudos Vilabollenses, explicarlles que se inclúe baixo ese epígrafe a música Dance, House, Techno, etc. polo mero feito de que os seus baixos -o mítico pum-pum-pum- ten un son moi similar ao que facían as antigas empacadoras) pois iso, que dicía que a chegada do galego a este tipo de música (cousa dubidosa, xa que antes xa existiron míticos machucos de Sementeira, de Fuxan os Ventos a ritmo de pista de baile, ou outras coma o mítico Ven, Bella Cubana dos anos grises do Tear) foi bastante ben recibida e incluso aplaudida polos sachadores electrónicos galegos, ata o punto de que se se puña a semana pasada o título da canción no google aparecían aprox. unhas 26000 entradas. A ver, que me estou liando. O conto é que escoitei a canción e, deixando á parte a súa indubidable calidade, e que vai facer que o galego entre nas discotecas pola porta grande, sentinme case ofendido ao ver que a cantante non pronuncia un só /n/ velar en toda a letra, que por outra parte tampouco é tan grande.
Visto isto, non me quedou outro remedio que poñerme a escribir un Abelix Provii para darlle caña á señorita en cuestión, pero como non é de boa educación criticar o que non se coñece, púxenme a remexer na rede a ver que atopaba sobre ela e, claro, resulta que a rapaza non é galega, senón catalana.
Así pois, non me quedou outra que comer con patacas de Coristanco o post enteiriño, e pasar de criticar á Isis a agradecerlle que se prestara a gravar unha canción na nosa lingua, e tamén a poñela como exemplo de moitos artistas galegos que pensan que só se vende se se canta en castelán, así que, como dí Quempallou en Coa lingua de fóra:

Moito traballiño deu
que triunfara a razón
para poder usar a lingua
que nos sae do corazón

E agora que xa podemos
con liberdade empregala
non lla falamos ás mozas
non sexa que saian parvas.


Así que, mociñas e mociños, non esquezades que en galego se pode facer de todo, é que recordade sempre que, Na loita e na festa, a diglosia sempre apesta!

Ata a próxima actualización, e pedindo desculpas polo lioso do post...
BKS 1000!

5 comments:

Anonymous said...

Empacadora's sound? Na miña vida vira unha definición coma esa... aínda que direiche que polas irlandas é o son de moda, ao igual que nas polonias e creo que tamen nos brasiles...

Ainda que logo André máis eu facemos estragos na porta da disco-católica de Omagh, cunha pequena melopea cantando "Velha Infancia" dos Tribalistas....

Bicos!

Ulmo de Arxila said...

A ver cando se anima o Subcomandante e se pon a "martynbenettear" todas esas melodias de tantos anos de recolleita. Un pouco de "empacadora" e un pouco de imaxinazón e listo!

marykinha said...

Sorry por contestarche aqui, pero no colexio non podo iniciar sesion no fotolog e parece demasiado abusivo mirar nalgun dos mails de Ulmo se atopo o teu mail (bueno, non tenho tempo jajaja)

Non me parece mal que escribas ou actualices o teu fotolog co galo de San Valentin e so que eu odio ese dia, especialmente cando estas solteiro e duas semanas antes recibira malas novas dun tipo co que medio andaba por aqui... acumulouse todo, a parte de emorrynya e pagueinas contigo, asi que non me tes que explicar nada...

E e certo, non conduzo mal... pesame o pe no acelerador pero e normal en alguen coma min.

A ver se en semana santa que andaras mais libre, tes tempo e douche en man o teu pequeno agasallo (ti si que o mereces!)

Beijos!

Anonymous said...

ola de novo!
moitas grazas polo comentarios!
ulmo: As miñas experiencias coa música empacadora quedaron así, empacadas, hehe, pero tiña a súa coña facer algo así como "dj avélix featuring as cantareiras de Sash" (apréciese a modificación do concello para soar máis dance, hehe).
Marikinha!Busca o mail se queres, e senón doucho eu, no problem...
Sigo pensando que me encanta que te lembraras de min, pero creo que non son merecedor dos teus agasallos, iso si, comprométome a conseguir selo, hehe.
Agardo que a túa volta á emorrinya non fora de todo mala e a ver se nos damos visto logo en Semana Santa.
Do do flog... Pois nada que comentar, só que non quero que teñas unha idea equivocada de min, e do de calcarlle ao coche... Pois éche algo que nos pasa ás veces a todos, pero que vai descendendo conforme aumenta o sentido e a idade, que ti aínda es moi noviña para iso, hehehe.
Veña, un bikiño!

marykinha said...

Esto... non che vou traer o halfpenny bridge... é unha postal que vin en Dublin, de feito é igual a outra que lle merquei a Ulmo... pero que deixei en compos... joder, fan peso na maleta e desta volta viaxaba con Ryanair (alguen pode decirlles que 15 kg non son nada)

Deixote o meu enderezo que Paulo esta conectado e pasa de mim olimpicamente...

marykinha@gmail.com (tamen para o messenger, ainda que dende aqui arriba non me conecte tanto!)

Beijos!