Monday, February 25, 2008

Radio Colleita FM

No dispone de flash


pip, pip, pip. SON AS CINCO, AS CATRO EN MAZARICOS!
Ben, amigos!Despois de escoitar Tractorada, de Rastreros seguimos en Sucos de Liberdade, este programa que tamén se emite pola canle 14 das vosas Radios CB, para facervos máis levadeiro o traballo. Benvidos se vos acabades de incorporar.
Xa sabedes, que a utopía nunca morra.
Seguimos coa entrevista a MR, e non me podo resistir a comentar algo que estivemos falando durante o corte musical. Dicíasme, M, que che sorprende o cambio de forma de vida dos últimos tempos.
- Pois a verdade é que si, pero non me refiro só ao noso sector.
- Realmente, tal e como me comentabas off-the-record, parece que o mundo está ao revés...
- Efectivamente, esa é a idea.
- Pero non consigo entender a que te refires concretamente...
- Mira, date conta: Agora os mariñeiros sementan no mar, e teñen que esperar a que os froitos madurezan para recollelos. Nós, no campo, imos deixando atrás ronseis ao paso das nosas máquinas, botamos sós moreas de horas e comunicámonos a través das radios, incluso falando en clave...
-... A verdade é que, visto así...
- Eu penso que che vén sendo isto que chaman... Como era?... si, a Globalización esa...
- ... Ben, este... A seguir, imos poñer algo de 120 Capadores, o disco-homenaxe aos Diplomáticos de Monte-Alto: a versión asturiana de Eu quero ser... Ghai-tei-ro!

Comeza a soar a música, pero os micros do estudo quedan abertos, polo que se oe a nosa compañeira dicíndolle a MR:

-Bufff, mira ti se será certo iso que dis, que ata ti te converteches en Melghacho...

9 comments:

marykinha said...

Claro... con estes post quen se concentra para estudar as opos? eh?

Animo!

Ulmo de Arxila said...

Grazas ao Subcomandante por oferecer-nos esas reflexións tan fundamente enraizadas no saber dos nosos paisanos. De Masaricos, de Cospeito ou da Pereira County, que máis ten?
Para cando un "O mellor de Avélix"... ou algho asi? ;-)

marykinha said...

Vale Literato... agora xa tiven tempo de ler propiamente o teu post... onte estaba lendo demasiado rapido e non me percatei ben do que decias...

Grazas polas case 3 horas e media de conversa de onte... xa che pasarei a dolorosa xD

Bicos

Anonymous said...

Grazas polos comentarios...
O do mellor de Avélix... Para ser mellor unha condición indispensable é que sexa algo bo, cousa que, e non é modestia, dubido bastante... Aínda así, é unha posibilidade, non penses...

Marykinha... Pensar que iso era un programa de radio de verdade... Tes que volver á casa, eh, que te están contaxiando os cabezas cadradas...

Anonymous said...

Sr Ghuilianxallas, ou Ghuiliaxallás... (opción de certa "catedrática" da nosa humilde lingua)adxúntolle certa idea para un próximo post: unha periodización do teatro galego (antes do Pique-Nique e despois del ou noutras verbas: aproximación lusa dun teatro entre sacos de patacas).
Agardo que a súa estancia arredor do montículo (sen ofender a ulmo) sexa do máis pracenteira e que te vaias poñendo no alto non vaia ser que se volva anegar e te colla sintonizando a radio nese preciso instante ;p
Os meus parabéns polo blog, é un espazo do que gosto certamente.
Un saúdo da raqueira.

Ulmo de Arxila said...

Si, si, vós fazei coñitas co montículo e coas enchentes e coas inundazóns, que xa estou vendo o Subcomandante nun "batuxo" polo rio abaixo e sen freos, como no conto aquel de Cunqueiro.
Canto a certos apuntamentos e suxeréncias da Raqueira Maior e Profetisa do NON! (eu sei do que falo...): creo que aquel GZ Crea de Cangas marcou un antes e un depois na história criativa deste país. A partir dese dia, o GhSF declarou-lle a guerra aberta aos cámpings e domingueiros en xeral. Vive le Galice et legalice le gheadá!
Un saúdo, que xa van sendo horiñas de cear...

Anonymous said...

Rakeira!!!! Grazas por pasarte polo país dos koalas e demais elementos xalleiros!!!
Montículo... Non ofendas os montículos, anda, hehehe. E ao Ulmo, nin caso, que cando chegue a enchente esa que profetiza imos á de Pajón e marcámonos unha Arca que ao lado da dun tal Noé a nosa vai parecer o iate do Onnassis ese...
Canto a certa amalgama interpretativa (a miña relixión prohíbeme chamarlle obra a aquilo)impresionoume tanto que a escritura do meu musical está detida ata que non me asegure de que iso non é o que se leva agora..
Bufff, como me lío. Nada, que un bico, Rakeira.
Gh free, coma Kosova, hehehe.

Ulmo de Arxila said...

Subcomandante, comunico-lle desde o Comité Central do Movimento Pan-Gheadista que é necesário actualizar canto antes o seu blogue!

marykinha said...

oes...como e a cancion esa da asuncion jejejeje

mima que pedo levo agora mesmo

beijos