Monday, November 12, 2007

metida de pata!!!


Pois nada, que se de sabios é rectificar, pois eu tamén quero selo. Señor director de La Voz de Galicia, que perdoe vostede por dubidar da súa boa fé e do seu bo gusto cando dixen que non ía publicar a miña carta. Moitas grazas por facelo, feito co que demostra que o seu xornal, e vostede mesmo como sucesor de Fernández Latorre (se os papas son sucesores de Pedro, vostede seráo de F. Latorre, digo eu) tamén acepta as críticas construtivas. Moitas grazas de novo e mil perdóns, con humor pero a máis profunda sinceridade...
P. D. Mañá, señor Villar Mir, despois do que fixo esta fin de semana, no Xallas, mellor non lea o blog, porque ou moi pouco tempo hei ter, ou vai ser das de quedar abrigado, e aínda a ver, agora que sei que sí que se pode, se non lle escribo á Voz outra vez...

2 comments:

team-rocket said...

O team rocket regresa de novo! e esta vez vimos coa nosa gata mewthy!

Estabams no traballo e a rede colgouse polo ke o noso sistema non puido dar señais de vida unhas horas terrestres atrás...a DR oloris causa non se preocupa diso...manda castañas...ghuilliam terás k sacarnos as castañas do lume eh! k con tanto gas ainda vai arder tdo!

coido que todo vaia ben por eiki e cmo non k sigams en contacto estelar!!

o team rocket despega de novo!!!

Astrobikos!!

pd-sempre nos quedará Paris, :P

ghuilianxallas said...

Moitas grazas por seguir establecendo contacto con esta nave á que, polo que se ve, xa case non se achega ninguén. Axiña intentarei darlle unha manciña de pintura á antiga estrela na que adoitabamos quedar antes, e poderemos volver falar alí. Ata entón, ou ata que volvamos coincidir por estas terras do xallas seco coma un demo,
bks 1000