Wednesday, November 21, 2007

Coloquio de dous galegos (rústicos?)

Oficina bancaria xalleira. Baixo luz xeral cenital e de ton azulado, e con fondo que nos recordan unha oficina dun banco ou caixa calquera (xa se sabe, folletos a mogollón, bolis atados con cordonciños, posters de hipotecas etc), atópanse Mingos e Farruco, dous galegos rústicos (ou máis ou menos rústicos), un a cada lado da mesa do director.

MINGOS: (Con cara de gato de Shreck, a ver se atopa compaixón) Ola bos días.

FARRUCO: Ola, moi bos días. Que tal lle vai todo?

MINGOS: (Soltando a resposta universal) Bueno...

FARRUCO: E logo que se lle ofrece, hom?

MINGOS: Pois víñachelle pedir un crédito para comprar un tractor con GPS, Climatizador, 200 CV de potencia, Emisora, Radio-CD, Ordenador de A Bordo, Dirección Asistida, Neveira, Asento de coiro...

FARRUCO: (Interrómpeo despois de ir poñendo máis cara de asombro canto máis especifica o Mingos o que quere) Carallo, amigo! Ese tractor ten máis cousas que un Iate!!!

MINGOS: ...

FARRUCO: E logo, canto lle fai falta para esa marabilla?

MINGOS: (Con cara de petición humilde) E, eu creo que cuns 120000 Euriños de nada e máis un algo que eu xa teño aforrado igual lle vou chegando xa...

FARRUCO: (Literalmente alucinando) Ostiaendiós!!!!! Iso custa máis que o iate!!!!
MINGOS: (Coma quen non quere a cousa) É que o tractor ademais traballa a terra, sabe?...
(Vai caendo o pano mentres nun linóleo situado no fondo do escenario aparecen as reflexións de Farruco, que pensa ou ensoña co éxito que tería entre os guiris se chegara á praia de Louro navegando no tractor do Mingos).

4 comments:

team-rocket said...

ola!!somos nos de novo!!como se che ocorre poñer unha foto dun tractor VERDEEEE? ainda vala espichar a proxima vez k montes!!ollo o criollo!!XDDDD haha!!

por certo moi bo o de BUENOOOO!!XDD!!k rikinho (no bo sentido da palabra eh) XDD!!;)

moitos cibersaudos dnd o specio interior!!

asd:

TEAM-ROCKET

ghuilianxallas said...

Ola, team-rocket!!
Pola terra todo segue igual, así que non teño moitas novidades para a extratosfera. Iso si, a estrela na que quedabamos antes ten un novo capítulo, que aínda que é moi cutre, pois se iso pasade por alí e botádeslle un ollo.
Falamos en breves:
Bks 1000!

team-rocket said...

Ola!!Aquí estamos de novo...e esta vez precisamos da túa axuda!!Dado que somos recen chegados neste planeta, pois temos certa dificultade no comprensión da lingua!!O certo e que escoitamos unha fermosisisima cancion:


rebola pai
rebola nai
rebola filla
eu tamen son da familia
tb kero rebolar!!

rebolan tdos
rebolan ben
pero eu quero ao meu amor
e a mais ninguen

Bueno pois o certo e que nos gustaría que nos explicases que carallo e o de rebolar?

moitos cibersaudos!!

asd:

TEAM-ROCKET

Anonymous said...

Boas Subcomandante! Mui bon este diálogo, se a próxima vez que te vexa te encontro ataviado con traxe negro, óculos e sombreiro de á ancha xa non me surprenderá. Que estás feito un Castelao!
Salutaçons