Tuesday, July 15, 2008

Monólogo Interior

Por petición popular (Ulmo "ti es o pobo", para máis señas):



Temperatura exterior: 30 graos. Interior:25.
Velocidade:11 km/h. R. Motor:1500. R. TdF: 490

Emisora:
-Atento Koala, atento Koala! Cópiasme?
- Erre!
- Cando remates no Fial, tes que ir para o Fialiño!
- Erre, Erre!
Cd: "Al infierno se va por atajos, jeringas y recetas..."
Mente: " 3 concellos. 4 parroquias. 5 aldeas... Fial, Fialiño, Fiás... E todos terreos das mesmas características... Ummmm. Isto ten que ser unha ditongación derivada de "Feo", palabra perdida...
Radio: Marcha militar de "Aida", de Verdi.
Mente: "Porque, claro, en todos eles se recolle herba seca, o que en castelán se chama "Heno". Logo, supoñéndolle a conservación do F- a queda do -N- e vendo a solución castelán, o étimo ten que ser FENUM... Merdaaaaaaa! Alá vai outra forcada. Hai que mercar máis por forza...
Móbil:
-Tes para moito?
-Non sei, como para unha hora máis ou así...
-Cando acabes tes que ir aplicar foliar á nosa Algharea, e á Algharea de Grille.
-vale!
Emisora: Hei! Cambiámonos ao común, que aquí recibo moito ruído!
Cd: "A rula vaise queixando / de que lle viron o niño / quen cho mandou facer rula / tanto á beira do camiño".
Mente: "Este Paulo... A de veces que lle pediría investigar Algharea / Algharia... Dobre tracción, que isto está mollado e leva un 15% de patinado... 2 concellos, dúas parroquias, mesma palabra, mesmo tipo de terreo...
Cd: "En el cuaderno de bitácora de Tirso de Molina..."
Mente: Pois habería que ver en que máis sitios o hai... E máis se é o mesmo tipo de terreo... Debe denominar unha parte específicas das Agras porque...
Cd: "Pero la vida me demuestra lo contrario / Día a día voy matando / la esperanza de escapar..."
Mente: "Mimá! Que colacao mental! Con isto teño que actualizar o blog... Para que digan despois que un blog non pode ser a un tempo sobre lingua, música e agricultura..."

3 comments:

marykinha said...

Benvido de novo ao blogue, cibertitiriteiro...

Interesante o teu mundo mental, aínda que non te perdono que escoites Operación Trueno... en ningunha das súas versións... e menos aínda que ensucies a boa reputación de Joaquín Sabina con esa bazofia...grrr como diría Luis Piedrahita, "yo ehh yo me indigno"

Coidate

ghuilianxallas said...

Así como para defenderme, vale?

A ver... para dicir que un bonus track dun disco que non mercou nin Dios e dunha artista que non coñece ninguén tampouco (e que conste que é unha cantautora que xa tiña esta canción composta antes de entrar) é de OT, pois hai que escoitalo primeiro, así que seica non son eu só, muahhahahahha (risa de malo da peli).

En serio, esa canción gústame e aínda que non o creas está moito na liña de Sabina. Só recordarche que na súa letra cita a Aute e a Silvio e ademais durante bastante tempo reflectiu en vivo e en directo o meu interior...

E non canonicemos, que a min o que me parece insultante e ter unha ópera de Verdi no mesmo cd que todo iso.

Perdón, é que hoxe estou de mala O., que se lle vai facer...

marykinha said...

Voume defender, por alusións muahahahahaha non escoitei a canción, preguntei a alguén se sabía de quen era esa canción usando a letras e oh surprise, Operación Trueno (ou relámpago, pola duración das súas carreiras musicais!)

E verdi e algo cultural e a opera Aida está bastante ben...

Animate anda, que máis se perdeu na guerra de cuba