Tuesday, August 07, 2007

Volta á casa

Moi boas a tod@s!!!!!

Este é o post de volta á casa, despois de máis dun ano de ausencia, pero é que hai veces que, por moi preto que se estea, non hai tempo para parar a botar un conto, e esa é a peor morriña da casa que se pode ter, ver e non poder tocar, arrecender e non poder probar, pasar e non poder estar...
Así e todo, todos atopamos vagar algún día para volver á casa, e ese é o momento de contar os tempos de ausencia, de amostrar o que se andou a facer polo mundo. Logo, e aínda que para algunha xente xa será repetido, aí vai unha mostra de todo un ano, non perdido, pero si aproveitado doutro xeito.




Agardo que vos guste e que, a partir de agora, aínda que sexa de vez en cando, as fiestras desta casa estean abertas para ventilar. Da porta xa sabedes... todos tedes copias das chaves.
xxxxxx
P.D. Para que non me chamedes descoidado, xa vedes que antes de voltar a abrir dei unha manciña de pintura, que xa lle facía falta. bks 1000!!!

3 comments:

Ulmo de Arxila said...

Subcomandante has come back!
Benvido! Wilkommen! Cead mile failté!
Por certo, que chulo che quedou o chiringuito! A ver se vou tomando nota e pido presuposto, a ver en cánto me sae a renovazón do meu! ;-)
Lume!

Marta said...

Hahahaha pRofeeeeeeeeeeeEEEe!! wEeEEE...dsde qe descubrimos esta páxina miramos todolos dias aer se renovas,e por fin..renovaches...haha..e logo dis qe nn tes tempo pra dedicarnos a nos o fotolog ¬¬ xa claro claroo...excusas excusas...

hehehe!!!

AIiIinnSS..pOrfe..weno, ex-pRofe..como se che bota de menoss.. =( peRo falta poko pa septembro, e xa ns veremos alí..mUahahaha!! e no penses qe vamos o insti porqe suspendimos,eh!! qe imos o insti pra veros de novo a APNEA hahaha!!!

Keremoste aBeeeeeeeeeeeel!!!!


AREA
&-----------> 4eVer...hahaha!!
APNEA

bIkOOoSSS!!

ghuilianxallas said...

Vaites, vaites! Seica temos visitantes novas no club dos koalas expatriados... Pois nada! Benvidas e agardo que non vos aburrades moito coas paridas que se adoitan ver por aquí!! Grazas tamén ao Ulmo pola súa benvida e pola publicidade no seu blogue. Apertas fortes, meu!!!