Thursday, August 16, 2007

Abelix provii(III)

Antes de nada, dicir que este post vai a todo meter, que non teño máis que cinco minutiños escasos para facelo. Tamén quero avanzar que, neste ano de ausencia déuseme por moitas cousas, unha delas escribir, así que xa vou anunciando unha longa serie titulada "Eu de maior". Escribina eu, así que aqueles cun mínimo coñecemento de literatura se queren que cambien de canle, que seguro que é malísima.
Indo ao que nos ocupa, fai unha eternidade xa abriuse nesta leiriña unha serie de posts (dous, concretamente) nos que este que asina puña a caldo á xente por meter a zoca lingüísticamente nas cancións folks e tradicionais, e xa desde aquela anda pola miña cabeza este comentario.
Antes de nada, quero dicir que isto non o saquei eu da miña cabeciña ( aínda que cae bastante de caixón) senón que xa fora relatado noutra ocasión na sacra faculdade de filoloxía, polo que debo expresar os meus agradecementos tamén ao profesor en cuestión, que case todos vós saberedes quen é.
Ao tema: a canción en cuestión évos moi coñecida, e non só no entorno folki, senón que é moi popular no norte de Portugal e no sul da nosa terra, que como sabedes compartimos moitos trazos culturais. Pois ben, trátase da arquicoñecida "As sete mulheres do Minho" ou, para outras usuarias deste blog, "María da Fonte".
Non vou referir aquí a letra enteira, en parte porque xa todos a sabedes, e por outra porque non hai tempo, pero si a estrofa en cuestión:(obviemos a presenza do til de nasalidade)
Viva María da Fonte
com dúas pistolas na mao
para matar aos Cabrais
que sao falsos à naçao.
Aquí empeza a leña, logo. A ver señores (neste caso, de novo, debo especificar que se trataba de señoras): A min paréceme ben que vostedes non lembren xa quen carallo eran os Cabrais (resumindo, foron uns dirixentes portugueses que non é que lle caeran especialmente ben á xente, por así dicilo). Paréceme ben tamén que os posibles informantes desta canción (no lado portugués tamén, pero especialmente no lado galego) esqueceran que se chamaban Cabrais e se quedaran co malos que eran, ou que utilizaran esta estrofa para queimar a outros dirixentes posteriores, pero cona! esta canción sábea ata o meu misifú. Un pouquiño de cultura musical e literaria, por favor, que, xa non digo xente máis descoñecida, pero, por exemplo, gravouna Dulce Pontes, e de aquí a escarallar o Lela, Lela non hai máis que un paso. Así pois, non me meto máis cunhas mozas que, aínda que non o pareza gústanme moito e teñen o máis profundo respecto, polo que só lles recordo que:
Cabrais, non Cabroes.

7 comments:

Marta said...

WeEEE...Faltriqueira the best!!! xDD!! mUahahaha!!!
Pra nos sempre será Maria da Fonte, que e iso de As sete mulhereres do minho nin gaitas? non non...María da Fonte...hehe!!
Aiiiinss..encantame esa canción, bueno, esa é a do iogur, claramente..hehe!!!

As sete mulheres do Minho
Mulheres de grande valor
Armadas de fuso e roca
Correram com o regador

Essa mulher lá do Minho
Que da foice fez espada
Há-de ter na lusa História
Uma página doirada

Viva a María da Fonte
Com as pistolas na mao
Para matar os cabrais
Que sao falsos à naçao.

Miraaaaaaaaaaa..atopei a letra....haha!!! ;) mOOlaaaaaa...
e é verdade, din Cabrois, e é cabrais de toda a vida..xD!! Ti cantas mellor a canción, hehe!! e mola a gravación q ten ALex n seu mobil qe saes ti cantando esa canción durante 30segundos..mimadriña, qe rapidez..heheh!!!

Buenoooo....
AbuRiñOOOoO pROfeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee.....^^

Qeremosteeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee!!!!

ghuilianxallas said...

Ola, leiraditos!!! Antes de nada: Señorita Marta, creo que non debería descubrir identidades nesta sacra leira en mancomún que se caracteriza por xogar a agochar quen é cada quen. En segundo lugar, moitas grazas polo seu comentario, claro, pero como me poña a corrixir os erros que, así a priori, vexo na letra que refire, habiamos ter Abelix provii para un anaco, pero estou completamente de acordo co teu comentario. Veña, bikiños 1000 a tod@s!!!

Ulmo de Arxila said...

Cabrais, Cabrais! Ainda que nunca está de máis meter-lhe um "cabrões" polo médio às cousas... quê caralho! Ainda que seja por meter respeito! Ou nom canta Pablito das Zoca / Carpintero o de "ao som de lavar a cara / ao som de lavar o pé" (que mira que pugem a gravar eu o magnetofone cada vez que lavo os pés, e, machinhos, de aí, digam o que dixerem, nom sai nengum som interessante).
Subcomandante, contamos com vosté para seguir com a limpeza letrística. Lume!

ghuilianxallas said...

Si, pero o talibán que voçe menta no comentario unha vez díxome (espero que en broma, que senón é para quitarlle o carné de tocar o rabel ou algo así) que se ao botar a auga na cara petas forte xa tes percusión... Bromas á parte, aquí seguirei dando leña cando haxa razóns para facelo (e tempo e ganas tamén, todo hai que dicilo). Ata daquela, bks 1000!

Anonymous said...

Home, agora a sério, percusón hai-na cando e onde quigeres. E mira, o da labazada supina como médio de percusón... e digo eu que os da Banda Marciana de O'Rense poderian incluí-lo, non? Vai-lles muito co seu estilo, e asi en cada concerto levavan unha (auto)malleira ben máis que merecida...

São said...

Antes de Dulce Fontes quem a cantou foi o iesquecível e enorme Zeca Afonso, que a Galega teve a generosidade de homanegear recente/ com um fabuloso espectáculo.

São said...

Zeca Afonso cantou-a muito antes. Já agora a minha gratidão à Galega pela bela homenagem que lhe prestou! E parabéns pela qualidade do espectáculo
Eu fui aluna dele no ano em que os fascistas que sufocavam Portugal o expulsaram do ensino:uma vergonha!