Xa sei que fai tempo prometera unha morea de contidos para estas leiras que, como sigan tan abandonadas, aínda mas ha de meter no Banco de Terras o Suárez Canal, pero, e seguindo por un tema tan pouco relacionado con este bló como é a agricultura, a actualidade impón este tipo de contidos. Os outros, por se vos interesan, chegarán, tarde mal e arrastro, coma sempre, pero chegarán.
Ti que nos das a vida, que vés para que de ti poidamos gozar, que fas que esta pel verde que deixa ver veas azuis sexa distinta ás demais, que nos das a solás que enverdece o pan que comemos e mais regas (nalgúns casos, e por obra e graza de bodegueiros espabilados, en demasía) o viño co que podemos afogar penas, celebrar alegrías e algunha que outra cea de filoloxía, ti que, repito, nos dás a vida, por que nola quitas sen previo aviso, sen que a poidamos aproveitar.
Ti que eres do que está feito o mar e mais as súas croas douradas, fogueiras nocturnas cheas de peixe, por que deixas aos mariñeiros en terra, aguantando na mecha?
Ti que enverdeces o mundo e refrescas as praias que tamén ti fas bravas, que mollas as pedras de todas as zonas históricas das nosas vilas e cidades, por que apareces xusto cando máis "ghode-chinchos" agardan a gastar un peso (xa antes tirado do noso lombo) nas nosas tabernas e baiúcas?
Ti, en definitiva, que permites que este mundo siga sendo o noso, que naza a herba na primavera, os froitos no verán e máis no outono, que lavas o chan durante todo o inverno para que o seguinte ano todo volva a comezar coma se fora a primeira vez. Ti, auga, digo, POR QUE CARALLO TE POS A CHOVER CANDO ESTOU SEMENTANDO AS LEIRAS!!!!!????
Post promovido pola AVCMSA.
(Asociación de vítimas de que
chova en maio sen avisar).
1 comment:
Foder!
Parece que os ausentes começais a recuperar a vida no mês de maio.
A todo isto, aceitas um convite?
http://madeiradeuz.blogspot.com/2006/05/meme.html
Não quero que me persiga uma maldição cigana por não ter enviado o convite a 5 pessoas, agora já tá feito :p
Post a Comment