Tuesday, November 22, 2005

Etimoloxía (ae) á Carta (ae).

Estoulle dando voltas ultimamente (vale, desde onte á noite, pero moitas voltiñas de Dios eh) á etimoloxía e de paso significado dunha palabra que debe referir un tipo de terreo, xa que está presente na microtoponímia de, polo menos, tres parroquias. Este terreo caracterízase por ser moi chan e altamente produtivo, incluso máis produtivo que as agras, que sería o tipo de terreo que mellor lle acae. De feito, pódese dicir que estas zonas están dentro das agras, isto é, que son unha parte especial das agras. O nome en cuestión é , e quero deducir que a última parte vén de AREA (AREA, AREAE, que diría un que eu sei), pero do que leva diante non teño nin idea. Estará vencellado coa Alcarria? Quen sabe. Ala, etimoloxistas do mundo, a darlle a cabeciña e espero as vosas respostas.

3 comments:

ghuilianxallas said...

puto blog!!!! o Nome é Algharia, pero como o metín entre comiñas non mo publicou. Ai, Xesús, que paciencia...

Ulmo de Arxila said...

Estamos trabagando en ellou...

LaU said...

isto vai para o ghuilianxallas: estamos dispostas a dar a cara...e estamos armadas...somos...

Asociacion
Rapazas
Enroiadas
Agra

¬¬ isto é un asusto de xalleiros e xalleiras XDDDDDDDDDD

digo muajajajjajaja!!!


En galego muahahahahaha!!!