Monday, April 07, 2008

De memes e compañía

Ben, pois hoxe case non teño tempo de actualizar, pero vou aproveitar un segundiño libre que teño para facer un post para o que me nominou a Marikinha e que me vai costar facer porque versa sobre os peores agasallos e a verdade é que comigo case todo o mundo acertou sempre, así que vou buscar nos andeis da memoria, a ver que atopo:

- Todo o mundo sabe que me encantan as colonias, pero iso non fai que calquera cousa que poña Eau de Toilette no frasco me vaia encantar, así que alguén me regalou unha vez un frasco de Jack's. Gárdoo co cariño de algo que me agasallaron e está na miña colección de colonias, pero na vida a usei.

- Cando era bastante pequeno unha vez regaláronme uns cascos-radio que nunca chegaron a funcionar, pero aínda que o fixera non ía ir pola Pereira adiante cuns cascos enormes con antena en plan Florida anos 80...

- Por último vou citar un agasallo que non foi malo porque non me gustara, que de feito encantoume, senón polo que me provocou. Tratábase dun xersei precioso, que despois acabei usando moitísimo e que aínda anda polo meu roupeiro como 7 ou 8 anos despois (obviamente agora xa non o uso, pero aí está). O caso é que cando mo regalaron alí no medio dunha discoteca pois era imperativo probalo, e obviamente tamén o xersei non estaba lavado, senón que viña directamente da tenda, así que coa coña en plan streep tease e tal probei o xersei e xa quedei con el toda a noite. Toda? Non, porque como unha hora ou así máis tarde comezoume unha enorme urticaria que fixo que tivera que marchar para a casa en taxi a pegarme un baño de pomada antiestamínica. Mimá que mal o pasei...

Agora ía nominar alguén para que seguira co meme, pero é que estas cousas normalmente meten a xente en compromisos, así que ímolo deixar aquí.

Dándolle a benvida a Maese Mon ás leiras dixitais e desexándolle que cultive ese hermo ao que a partir de agora se lle vai chamar Caderno do Correo Vello (www.cadernodocorreovello.blogspot.com) para que dea os froitos que ben merece.
A todas e todos...
BKS 1000!

7 comments:

marykinha said...

Benvido de novo e coidate ese catarro que tes enriba

Bicos

Anonymous said...

olá!
Teño unha nova arrepiante, atopei unha obra de teatro peor ca do Pique-Nique!!!! Non estamos seguros en ningures. Gárdate de ver os do Bordelo, pola túa saúde.
Un saúdo da raqueira.

Ulmo de Arxila said...

Simplesmente quero CONFIRMAR as apreciazóns da Raqueira. Compañia O Bordelo, ilegalizazón XA!!!!

Anonymous said...

Meu Deus!!!! Están comezando a invadir o planeta teatro!!!
Parafraseando unha mítica expresión dos afastados mais nunca esquecidos tempos da LOU: "Tim Burton debería ter unha liña 900 para nominar con quen queres que faga un remake de Mars Attack", hehehe.
Eu se isto segue así paso de rematar o musical. Vou esperar a un novo Abrente, ou algo así.
Grazas polos comentarios e bikos e apertas a tod@s.
Ulmo, creo q o día 20 me vas pagar unhas raciós (estáseme pegando) de polbo...

Unknown said...

Subcomandante, iso está feito (o do polbo, digo; o do Novo Abrente...)

Ulmo de Arxila said...

Bon, o comentário anterior non era da Rocio (que tamén está convidada ao ágape feiramontés, por descontado!), senón do Ulmus Argilae Communis. Saúdos!

Anonymous said...

Ains, que bonito...
Compartir as contas dos blogues, camiñar baixo a chúvia collidiños das maos (xa me está repunando tanta luguesía como se me pegou na lingua!), ulir as froles aínda que sexan de plástico... hehehehe

Unha apertiña aos dous!