Thursday, May 22, 2008

Se Veria volvese emerxer das augas...

Ola de novo!!!!

Antes de nada, dicir que xa sei que recibín o premio "Brillante weblog", pero a verdade é que, por cuestións de publicidade, dispoñibilidade das televisións e que o
"Star Sistem" galego está enredado co festival de Cans (non confundir co de Cannes, por favor!), teño que pospoñer a gala de entrega para outro momento, pero que se saiba que habela, o que é habela, vaina haber.

Non podía levar unha morea de tempo en "Montículo County" e non poñer algo de alí, así que despois dunha temporada "friki-agrícola", como di o Ulmo, cambio de lado do prisma desta miña personalidade múltiple para poñer o vídeo dun grupo de folk moi, moi, moi bo que hai aquí: Veria. Espero que Ulmo sexa responsable e serio e nos poña un comentario onde explique de onde vén o nome, que seguro que conta a lenda moito mellor que min, pero Veria vén sendo unha vila lendaria que quedou sulagada polas augas, e que conforma a Antártida local.

En canto á canción, pois é un romance de Ghaiteiro-sen-ghaita, coma tantas outras, máis esta versión acolle unha dozura que, sen dúbida, fai especial a versión. Ademais, con Saxo e Clarinete, coma nos anos duros de Airiños. Que tempos...

Velaquí:




E é que, como di o Ghullerme e matizo eu, "Se é que pouco máis ten unha que outra, porque o que conta é ter ghaita, carallo!"

Bks 1000!


P.S. Aínda que non me coñece (creo que si debeu oír falar de min) un saúdo e un bico para Tania, que non hai muller de Crisóstomo cunha voz máis bonita que a súa.