Monday, April 14, 2008

Cultura Popular (II) O refraneiro segundo o CAEV

Así como tres meses atrás desatouse nestas leiras dixitais un repaso a unha parte inexplorada da nosa cultura e folclore, que non é outra que a imperiosa necesidade de actualizar o noso refraneiro. Esa impactante revolución cultural activou todas as alarmas no arquicoñecido Centro de Altos Estudos Vilabollenses, que leva todo este tempo desenvolvendo un intensísimo traballo de campo para recoller, arquivar, clasificar e analizar todo ese acervo antropolóxico.
Acaba de chegar á nosa redacción (coñecida como Sachadores' Site) un avance sen carácter oficial e aínda non concluínte do informe que están realizando no CAEV, polo que sen máis dilación procedemos a sementar nestas terras os fragmentos que nos parecen máis significativos do mesmo, nos que debullamos os refráns analizados e máis a súa nova versión oficial:

-"Non por moito madrugar medra o millo máis axiña", pois xa todos sabemos que neste país amence cando lle cadra.

-A quen madruga, non lle arrinca ben o tractor, porque neste noso país, de axudas divinas... poucas.

-Máis vale paxaro na man que un cento picando na lona do silo, que neste país non nos fai falta ter paxaros na man, xa temos abondos na cabeza. Ademais, que se voan ou non non é cousa nosa. Será máis ben dos dos parques eólicos, que como di Quempa-hop son os que os "Cazan ao vuelo".

-Cando o río soa é porque Ferroatlántica non abriu as comportas, e é que o orixinal é algo absurdo. Que se leva auga, pois claro, tío, isto é Galiza, dende cando hai ríos sen auga...

-Todas as autovías levan a Vilalba. Disque tamén todos os camiños levan a Roma, pero a verdade é que non está contrastado, que nos queda demasiado lonxe e ademais alí non hai vacas... A que imos ir?

-A Deus rogando e a picadora ensilando. Vale que en campaña curramos aos domingos, pero é que na nosa canle da emisora (e é certo, eh) os sábados pola tarde retransmítese unha misa en alemán, así que non incorremos en pecado (ai, carallo! Si que incorremos, que non lle pagamos dereitos de autor ao cura e agora as descargas ilegais tamén son pecado...)

Simplemente incrible, va que si?

Se vos gustou este pequeno tráiler (segundo a DXT débese dicir vehículo articulado composto dunha cabeza tractora e un semi-remolque) esperade a que saia o traballo definitivo, que pode ser merecedor dun posto como cronistas cultural no Luar, ou cousa parecida.

Ata daquela...

BKS 1000!

9 comments:

marykinha said...

Hahahaha estou ainda rindo co da misa en alemán... mais que anda porque cando imos para Donostia, sempre, sempre, temos que levar cd ou cassettes porque na radio entre Burgos e Donostia soamente escoitamos Radio Maria, e as 5 rezan o rosario, as 6 teñen un misa as 7 misa cantada e as 8 un analise do sermon do cura... e na miña casa, meu pai mais eu a esas cosuas temoslle algo de alerxia!

Por certo, o proximo sabado temos queimada (con conxuro traducido ao inglés by the wikipedia) asi que xa vos mandarei fotos se algún irlandes queima a cara, porque eu non a vou facer :P

Ulmo de Arxila said...

Anda que non levava tempo agardando a que nos obsequiase o Subcomandante con estes retallos de cultura (friki)popular!
O de Vilalva é discutível, porque ultimamente todos os camiños (e autovias, e corredoiras, e citas bibiográficas, e páxinas web...) non levan à fermosa e incompreendida capital chairegha, senón à non menos fermosa e non menos incompreendida Riba d'Éu, que eu ben sei do que falo e a diáspora mariñá há de ser un tema que dará que falar en anos vindeiros...
Bon, reincorporo-me ao traballo, que os chefes asexan... O dia 20, máis e mellor diante dun bon prato de polbo à feira. Opa i!

Spanishassistant said...

Ah e por certo, todolos caminhos levan a lalin, que para algo Cuinha estivo metendo baza en todalas esquinas...

ghuilianxallas said...

O da misa en alemán (cremos que é en alemán, pero ninguén ten a certeza, tamén pode ser nalgún outro idioma européu que se nos escape) non só é verídico, senón que tamén é real...

Un irlandés facendo queimada? Ten que ser, como mínimo, para velo... O conxuro estará traducido tipo "meigs and bruxes, saps and curuxes" hehehehe.

Sobre a discusión de a onde levan os camiños... Pois depende, se usas o meu gps, case non levan a ningún lado, hehehe.

Ulmo, ulmo, ulmo... Vai poñendo o paladar en modo sal groso e picante, que o domingo eu vou de resaca, hehehehehe.

Bks 1000!

marykinha said...

Queridismo Sr AVELINO, que ponhas un enlace no teu blogue co alcume do lugar do cachourizo xa me doe... case mais que a suposta inflamacion que tenho no meu xeonllo...

en fin, para que nos vos riades de min, aqui vos deixo a traducion do suposto conxuro... para que vexades que eu intento deixar o producto nacional a un nivel optimo (case coma a tortilla de patacas, que xa levo feitas unhas cantas na ultima semana e soamente a probei onte...)

Bicos

http://en.wikipedia.org/wiki/Queimada

Anonymous said...

Ola de novo!
Ulmo, a polbada segue en pé, non?
Marykinha, o do Cachourizo non ía por ti, muller, senón pola cibermascota que tes posta...
Non te preocupes, que en canto teña un instantiño cambio o link, vale?
Veña, unha apertiña para tod@s!

Ulmo de Arxila said...

Ui, Subcomandante, iso da "polbada".... Mira que eu son home casado, eh? :-p Non, a sério; a non ser que as tronadas dos últimos dias reediten o episódio do Valverde sulagado, ali estaremos "prestos y dispuestos" para ver a feira, tomar uns chatos e, por supostísimo, meter-lle ao corpo unha boa... "pulpada"
Sláinte, ou o que é o mesmo, salú!

marykinha said...

Bah da igual, co abandoado que teño o meu blogue, dubido que alguen caia nel

Bicos

Ulmo de Arxila said...

Jefe, que saibas (por se queres engordar máis ainda o teu currículum) que acabas de ser distinguido co prémio "Brillante Weblog 2008". Máis informazón sobre esta frikada en an-fianna.blogspot.com. Pasa-te por aí, que a casa invita a licor café.